quinta-feira, 21 de janeiro de 2010

TUI ACOLLE A EXPOSICIÓN “ESPAÑA SÉCULO XX: ESCENAS DO TRABALLO”, VIAXE POLA HISTORIA DO TRABALLO A TRAVÉS DOS SEUS PROTAGONISTAS

Son 65 fotografías en branco e negro que cronoloxicamente cobren un período comprendido entre 1900 e 1997
A exposición é a Historia en imaxes de homes e mulleres que traballan nas fábricas, no campo, no mar, e mirando atentamente podemos observa-los avances na tecnoloxía, os cambios na relación entre as persoas e as máquinas e a tendencia ao predominio destas en detrimento das primeiras. Os rostros anónimos amosan os verdadeiros construtores da Historia e da súa evolución. A Exposición poderá ser visitada no anexo da sala municipal de exposicións da Biblioteca Municipal, rúa Colón nº 2, ata o vindeiro mes de febreiro.

Sem comentários:

Enviar um comentário