segunda-feira, 11 de janeiro de 2010

TUI PRESENTA A EXPOSICIÓN “AQUÍ ESTAMOS NÓS”, OBRA COLECTIVA DE CATRO ESTUDANTES DE BELAS ARTES

Na mostra mestúrase a produción pictórica, videográfica e fotográfica así como os distintos xeitos de velo mundo dos catro autores. Catro alumnos de cuarto grao da Facultade de Belas Artes de Pontevedra presentan a mostra “Aquí Estamos Nós. Froito de catro anos de traballo e investigación persoal nace esta exposición que agora se presenta ao publico. David Catá (Viveiro, 1988), Inés Piñeiro (Arzúa, 1988), Ángela Mª Ramos (Tui, 1988) e Verónica Vicente (Tomiño, 1988) únense, por primeira vez, para organizar unha exposición conxunta empregando os coñecementos recen adquiridos na súa formación artística.

Sem comentários:

Enviar um comentário