terça-feira, 9 de fevereiro de 2010

A BIBLIOTECA MUNICIPAL DE TUI INCREMENTA O NÚMERO DE USUARIOS E OS PRÉSTAMOS NUN 25% AO LONGO DO ANO 2009

Presentada a súa memoria do ano 2009, con 23 actividades de animación á lectura xunto ás actividades permanentes (Clube Lectura, visitas escolares, etc.)
A Biblioteca Pública Municipal de Tui vén de presentar a súa memoria de actividades do pasado ano 2009 na que destaca a consolidación deste servizo bibliotecario como un dos referentes culturais do Concello tudense.
A Biblioteca tudense ten acadado no pasado ano un total de 31.512 usuarios (o que supón unha media de 105 persoas que acceden diariamente a este servizo cultural) incrementándose nun 25% respecto ao ano 2008 en que foran 25.069 os usuarios. Similar incremento experiméntase no número de libros retirados en empréstito domiciliario polos socios da Biblioteca que chegaron a 5.374 libros (2.826 da sección adultos e 2.548 da sección infantil) aumentando tamén arredor dun 25% en relación aos 4.295 libros emprestados ao longo de 2008.  Cifras aínda lonxanas aos estándares internacionais.

Sem comentários:

Enviar um comentário