sexta-feira, 12 de fevereiro de 2010

Máis de 600 persoas participarán no Desfile-Concurso de Tui

Será o martes 16 ás 17.30 nas rúas Casal Aboy, Compostela, Betanzos,  Irmáns Maristas, Ourense e A Guarda
Hai 12 comparsas e 2 grupos en competición que se repartirán 4.500€ en premios
Todo está preparado para que o próximo martes, 16 de febreiro – festivo local na cidade- se celebre o tradicional Desfile-Concurso de Entroido en Tui. Comezará ás 17.30h.
Peche de rúas ao tráfico por mor do Desfile
A Policía Local informa que co gallo da celebración do tradicional Desfile de Comparsas e grupos o martes 16 dende ás dúas da tarde e ata ás dez da noite estarán pechadas ao tráfico, non podendo estacionar nas mesmas, as rúas Casal Aboy, Compostela, Betanzos, Irmáns Maristas, Ourense, A Guarda e Mondoñedo
Desfile Concurso de Entroido
Data e hora:  Martes, 16 de febreiro, ás 17.30h
Lugar: Circuíto polas rúas Casal Aboy, Compostela, Betanzos, Irmáns Maristas, Ourense e A Guarda

Sem comentários:

Enviar um comentário