Celebrarase no patio do CEIP nº2. Participarán ao redor de 160 alumnos/as de 6º de primaria de Tui e Tomiño
Mañá martes, 8 de maio, a Agrupación Deportiva Baixo Miño AGRUDEBAM, en colaboración co Servizo de Deportes da Xunta de Galicia, vai organizar unha xornada de Xogos Populares para o alumnado de 6º de Primaria. Celebrarase no patio do CEIP nº2 de Tui, de 10.00 a 12.00 horas.
Na proba participarán ao redor de 160 nenos e nenas dos colexios CEIP Pazos de Reis, CEP de Caldelas, CEIP de Guillarei, CEIP Nº1 e Nº2 de Tui, e CEIP Sobrada de Tomiño.
Os xogos populares que se porán en valor serán a chave, a billarda e os bolos celtas, que serán competitivos, para ver que colexio gaña nestas tres modalidades deportivas. Ademais, durante a mañá tamén xogarán á petanca, zancos, aros guía, a goma, os trompos, a ra e baixarán en carrilana.
Esta será a primeira vez que a agrupación AGRUDEBAM organiza unha xornada competitiva de xogos populares, moitos deles son xogos que quedan no recordo dos nosos maiores e que agora se tratan de recuperar para os nenos e nenas do século XXI.
Sem comentários:
Enviar um comentário