Estánse a colocar contedores para depositar as distintas clases de entullos. A uralita será retirada por xestores autorizados
Mañá sábado, 2 de xuño, ás 10h reunirase no Centro de Afectados en Guillarei o gabinete de crise para seguir abordando a situación xerada tras a explosión do pasado 23 de maio no barrio da Torre en Paramos.
Depósito de entullos
No barrio da Torre están a ser colocados contedores para os distintos materiais, ladrillo, madeira, cristal… para que os veciños que poden acceder as súas vivendas e comezan a realizar labores de arranxo e limpeza dos desperfectos poidan depositar o material inservible. Dende o Concello lémbrase aos veciños que nestes contedores non se debe depositar a uralita, por tratarse dun material contaminante, xa que o mesmo será retirado por xestores autorizados.
O Centro de Atención e Rexistro de entrada
Por necesidades do servizo o Centro de Atención aos afectados, no Centro de Formación en Guillarei, permanecerá pechado o sábado pola tarde e o domingo todo o día. Mañá pola mañá abrirá de 10 a 14h. O luns volverá a abrir de 10 a 14h e de 16 a 20h.
Lembrar tamén que o rexistro de entrada da casa do concello abre de luns a venres polas tardes de 16 a 18.30h para que os afectados de Paramos poidan presentar as comunicacións previas.
Sem comentários:
Enviar um comentário