O equipo alevín do Tyde CF participa dende hoxe e ata o domingo no Torneo Internacional de Versmold xunto a equipo de Francia, Eslovenia, Eslovaquia, Polonia e Alemaña. Un torneo que despois da catástrofe sucedida na parroquia tudense de Paramos a pasada semana terá carácter solidario. A localidade de Versmold desexan solidarizarse cos afectados e durante o torneo recadarán fondos para os afectados de Paramos.
Onte o equipo alevín do Tyde foi despedido no Concello polo alcalde, Carlos Vázquez Padín, de forma previa a iniciar a viaxe cara a localidade alemá coa que Tui está irmandada.
Sem comentários:
Enviar um comentário