O cinema chega este venres, 19 de outubro, ao Teatro Municipal de Tui coa proxección de “Dhogs” de Pixel Films & Gaita Filmes. Esta película foi galardoada con trece premios Mestre Mateo
Andrés Goteira é o director e guionista dun filme no que no reparto atopamos a Melania Cruz, Iván Marcos, Miguel de Lira, Antonio “Durán” Morris, Carlos Blanco, María Costas, Suso López, Xosé López, Roi Gantes, Enrique Lojo e Brais Yanek.
"Dhogs" conta a historia de Alex, quen goza da última copa no bar dun hotel de luxo, allea á morea de desagradables acontecementos que vivirá nas próximas horas. Verase inmersa nunha espiral de violencia que a levará por unha senda de sufrimento fóra do seu control.
Entradas á venda ao prezo de 5€ e 4€ en www.culturatui.info ata o venres ás 12h, ou o venres dende ás 20h no despacho de billetes.
Sem comentários:
Enviar um comentário