Bancos, xardineiras e papeleira están sendo instaladas en distintos lugares da zona vella de Tui
Un total de 12 bancos, 20 xardineiras e 10 papeleiras serán instaladas en distintos lugares do conxunto histórico tudense, en concreto a Praza da Estrela, a Praza do Pracer e os xardíns de Troncoso nos arredores do parque infantil serán algún dos lugares onde se van a instalar estes elementos de mobiliario urbano
As xardineiras e as papeleiras son de aluminio gris, mentres que os bancos son de madeira co pe de fundición tamén en aluminio, ademais estes bancos teñen unha altura un pouco superior a habitual para facilitar o seu uso as persoas maiores, que deste xeito poden levantar do banco mais facilmente.
Para a instalación deste mobiliario, solicitouse autorización a Dirección Xeral de Patrimonio, que non puxo ningún tipo de impedimento. O investimento total nesta actuación no conxunto histórico ascende a 11.464.81€. En opinión do Alcalde de Tui Carlos Vázquez Padín, a instalación destes elementos urbanos vai servir para mellorar a calidade de vida dos veciños da zona vella e para facela mais atractiva para os visitantes e forma parte das actuación necesarias para recuperar esta zona emblemática de Tui
Sem comentários:
Enviar um comentário