sexta-feira, 26 de outubro de 2018

Este venres presentase en Tui o libro “La gripe de 1918 en Tui” do Dr. Rosendo Bugarín

Este venres, 26 de outubro, ás 20.00h terá lugar na Sala Félix Rodríguez, na Área Panorámica, a presentación do libro “La gripe de 1918 en Tui” que asina o tudense Rosendo Bugarín,  doutor en medicina e especialista en Medicina Familiar e Comunitaria. No acto de presentación, ademais do autor, intervirán o alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, o presidente da Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia, José Carro Otero, e o presidente da Comisión de Ética e Deontoloxía do Colexio Oficial de Médicos da Provincia de Pontevedra, Diego Murillo Solís.
En “La Gripe de 1918 en Tui”, Rosendo Bugarín reflicte, nunha linguaxe directa e asequible a todos os lectores, como viviron os seus paisanos esa enfermidade, o que sabían dela, a información que recibiron e con qué recursos contaron para facerlle fronte. Sen caer no dramatismo, describe tamén os seus medos e a forma de combatelos.
Con este libro, el autor rende unha emocionada homenaxe a catro médicos heroicos que arriscaron as súas vidas para salvar moitas outras: os doutores Darío Álvarez, Victoriano Bugarín, Alejo Diz e Telmo Fernández. “Os catro fixeron do acto médico un acto de amor supremo” segundo Rosendo Bugarín.

Sem comentários:

Enviar um comentário