A misiva inclúe unha lista coas vivendas afectadas
O alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, envía unha carta ó ORAL para solicitar a exención do Imposto sobre Bens Inmobles, o IBI, do exercicio do ano 2018 para os propietarios das vivendas que quedaron total o parcialmente destruídas trala explosión da pirotecnia no barrio da Torre en Paramos o pasado 23 de maio. Xunto a esa carta, envía tamén unha listaxe das casas afectadas para as que se solicita esa exención fiscal.
O motivo desta misiva é que neste mes de outubro ou en novembro o ORAL vai emitir os recibos do IBI que os afectados van ter que pagar, segundo o alcalde de Tui “debido a demora coa que o goberno do estado está a tratar este asunto” posto que a priori, a raíz da declaración de zona gravemente afectada por unha emerxencia de protección civil, hai un compromiso por parte do goberno central de declarar exentas do IBI as vivendas máis afectadas pola explosión.
Sem comentários:
Enviar um comentário