Do mesmo xeito que fixeron o pasado mes de abril en Tui os municipios de Tui e Versmold renovan este sábado a irmandade entre ambas cidades cando se cumpren cinco anos da sinatura do convenio que tivo lugar o 6 de abril de 2013.
Ata Versmold viaxan xa hoxe aos concelleiros Estrella Carmen Muradás, Yovana Velázquez e Andrés Urseira, xunto a membros da asociación Tui-Versmold, mentres que o rexedor tudense chegará o sábado. Os membros da corporación aboarán do seu peto o importe da viaxe.
O acto terá lugar o sábado, 13 de outubro, ás 18h na sala Schützen presidido polo burgomaestre de Versmold, Michael Meyer-Hermann.
Dende o ano 2013 Tui e Versmold manteñen un estreito contacto con visitas anuais de membros das corporacións municipais, e da asociación Tui-Versmold, así coma coa participación do Tyde no Trofeo Internacional que organiza cada verán o Sport Club Pekeloh. Tras a catástrofe de Paramos, o pasado 23 de maio, teñen chegado diversas mostras de solidariedade cos afectados dende Versmold.
Sem comentários:
Enviar um comentário