terça-feira, 9 de abril de 2019

Incorpórase unha nova técnica de Administración Xeral ao departamento de Urbanismo

O alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, xunto ás concelleiras de Urbanismo, Mª Jesús da Silva, e  Persoal, Mila González e ao concelleiro de Patrimonio, Eduardo Freiría, deron a benvida á nova Técnica de Administración Xeral do Departamento de Urbanismo, Miriam Piñeiro Rodríguez.
A nova técnica substitúe á técnica de Urbanismo que arestora está de baixa laboral. O horario de atención ao público será os mércores de 9 a 14h.

Sem comentários:

Enviar um comentário