DO 3 AO 7 DE ABRIL O FESTIVAL OFRECE UNHA AMPLA E DIVERSA PROGRAMACIÓN
Tui acollerá do mércores 3 ao domingo 7 de abril o XV Festival Internacional de Documentais de Tui, Play Doc. Está mañá tivo lugar a presentación oficial do festival a cargo do alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, xunto a Jacobo Sutil, director de Agadic, Axencia Galega de Industriais Culturais da Xunta de Galicia, Ángel Sánchez, codirector do festival, e Beli Martínez, responsable da programación de cinema galego de Play Doc.
O alcalde de Tui, Carlos Vázquez, destacou a longa traxectoria dun festival que é exemplo dun traballo feito con orixinalidade, e cun nicho moi claro, que ten lograron converterse nun evento de referencia. Precisamente o Concello ten incrementado este ano o seu investimento no festival pasando dos 18 mil ao 28 mil euros, dun orzamento total de Play Doc que acada aos 100 mil euros.
Jacobo Sutil, o director da AGADIC, sinalou a Play Doc coma un dos festivais máis destacados de Galicia e España, indicando que dende a Xunta son conscientes da súa importancia. Destacou varios aspectos do festival: a súa especialización no documental, as actividades paralelas cun programa transversas, e a implicación que logra. Pero tamén apuntou que o festival vai máis aló do 3 ao 7 de abril, apuntando por exemplo a súa presenza no CGAI.
Ángel Sánchez, codirector do festival, fixo fincapé no quince aniversario dun festival atípico que se celebra nunha cidade pequena coma Tui pero que transcende á escena máis próxima sendo referente mundial, nunha aposta que tiveron clara dende o primeiro momento. Este ano detallaba que o festival da un salto cualitativo ao estrear en España as seis películas da sección oficial, e continua coa posta en valor do cinema máis próximo e o diálogo con outras disciplinas. Repasou as tres retrospectivas que vai ofrecer de Bruce Weber, Kidlat Tahimik e Wolf Eckart Bühler, que xunto .
Beli Martínez, responsable da programación do cinema galego explicou coma nesta edición de 2019 en “Panorama Galicia” apostaron por películas que están a ter un amplo percorrido en festivais, e destacou o feito de que Play Doc ofrece un espazo de visibilidade deste cine que se fai en Galicia. Así poderemos ver no Play Doc A Typical Morning de Arancha Brandon, Empalaos- Valverde de la Vera de Iria Sanjurjo, Gallo de Antonio Díaz Huerta, Hamada de Eloy Domínguez Serén, Ilha de Alexandre Cancelo, Lucía en la Noche de David Varela, Manoliño Nguema de Antonio Grunfeld, Rexistros, Xeografía de San Sadurniño de Adrián Canoura e What you gonna do when the world´s on fire dirixida por Roberto Minervini coa dirección de fotografía a mans do galego Diego Romero Suárez-Chairo.
O festival estreará unha nova sección North by Northwest, na que se exhibirán películas procedentes do norte e noroeste peninsular como son a asturiana dirixida por Marcos M. Merino, In Memorian (la derrota conviene olvidarla), a galega La Estrella Errante obra do realizador ferrolán Alberto Gracia, e última película da directora vasca Maider Oleaga, Muga Deitzen Da Pausoa- Paso al límite.
Dentro das actividades paralelas están “Eppur si muove” na que se presentarán os traballos audiovisuais e fotográficos de Iván Nespereira, Tono Arias, Rubén Gasalla e Ariadna Silva. O Seminario da Crítica Cinematográfica, os obradoiros Alquimista do Documental Persoal: A Bólex 16 mm e outras formas de levitación, e Rec&Play, xunto aos concertos de Les Deuxluxes e Adriana Proenza completan a programación do festival.
A inauguración de Play Doc celebrarase o mércores, 3 de abril, ás 20.30 h no Teatro Municipal.
Sem comentários:
Enviar um comentário