ESTA ACTIVIDADE ABRE OS ACTOS PREVISTOS PARA CONMEMORAR O DÍA INTERNACIONAL DA MULLER
O próximo luns, 2 de marzo, ás 12 h na Sala de Exposicións Municipal na Área Panorámica será inaugurada a exposición “Rompe. Xoga en igualdade”. Trátase dunha exposición itinerante da Deputación de Pontevedra que neste caso conta coa colaboración do Concello de Tui. Con esta actividade ábrense en Tui os actos para conmemorar o Día Internacional da Muller, promovidos dende a Concellería de Igualdade.
A concelleira de Igualdade, Ana Mª Núñez, convida a visitar a mostra dende o próximo luns. Unha exposición que destaca “reivindica a igualdade entre homes e mulleres e a concienciación social” .
A mostra “Rompe. Xoga en Igualdade”, presenta unha serie de bonecas nas que se interviron para amosar situacións de desigualdade, violencia e discriminación e recalcar a importancia do xogo na educación e a formación de nenas e nenos así coma na transmisión de valores.
“Rompe. Xoga en igualdade” poderá visitarse na Sala de Exposicións na Área Panorámica dende o próximo luns 2 de marzo até o 1 de abril.
Sem comentários:
Enviar um comentário