Mañá mércores 14 de maio, ás 20,00 horas, terá lugar no Salón de Actos do Museo Municipal (antigo Convento de San Domingos) o acto de presentación do libro editado polo Concello de Tui titulado “Xosé María Álvarez Blázquez e Tui: Da vella casa ao corazón aberto”.
Esta publicación recolle unha escolma de traballos, case todos inéditos, realizado por Xosé María Álvarez Blázquez e relacionados directamente coo súa cidade natal. Hai especialmente traballos de investigación en materia de arqueoloxía e etnografía, salienta a memoria sobre as escavacións no xacemento de Cabeza de Francos, ou o inventario do Museo de Tui ou unha recollida de palabras específicas da lingua do Baixo Miño.
Amais o libro inclúe un estudio introdutorio a cargo de Rafael Sánchez Bargiela, historiador e técnico municipal de biblioteca e arquivo, que se encargou tamén da compilación dos traballos de Álvarez Blázquez e da súa edición. Complétase a publicación cun epílogo realizado pola escritora Marga Romero Lorenzo do Val.
Para o concelleiro de Cultura tudense Moisés Rodríguez, coa edición desta publicación o Concello de Tui quere patentizar como Xosé María Álvarez Blázquez traballou na investigación sobre Tui e a súa bisbarra realizando valiosas achegas que agora, pro vez primeira, serán publicadas. O concelleiro agradece a colaboración da familia Álvarez Cáccamo ao permitir a reprodución deste material inédito pois deste xeito se enriquece a bibliografía sobre a nosa cidade. A edición deste libro forma parte do amplo programa de actividades impulsado pola Concellería de Cultura tudense para conmemorar o “Ano Xosé María Álvarez Blázquez”.
No acto de presentación do libro participarán a escritora Marga Romero Lorenzo do Val, o historiador Rafael Sánchez Bargiela e o concelleiro de cultura tudense, Moisés Rodríguez Pérez.

Sem comentários:
Enviar um comentário