O Concello de Tui ten aberto un novo prazo para adxudicar as vivendas construídas no antigo cuartel de Caldelas. Trátase de quince vivendas e unha adaptada para persoas con discapacidade. O pleno do 28 de maio aprobou as novas bases que rexerán este novo concurso, e que foron publicadas no BOP o pasado xoves 25 de xuño.
Deste xeito o prazo de presentación será dun mes dende a data de publicación, como o día 26 de xullo é domingo o prazo remata o seguinte día hábil e dicir o día 27 de xullo as dúas da tarde hora de peche do rexistro xeral de entrada do concello
Os cambios introducidos nas bases con respecto a anteriores convocatorias refírense á retirada das bases da obrigatoriedade de estar empadroado/a no concello de Tui. Do mesmo xeito se retira o número mínimo de membros da unidade familiar podendo ser solicitantes persoas soas, sen haber un límite de idade para os solicitantes.
No que se refire aos ingresos os mínimo serán iguais ou superiores a 1,5 veces o IPREM, mentres que se sume o límite económico a catro veces o IPREM, sendo o último período impositivo o que se terá en conta para dito cálculo, é dicir a RENDA 2008.
As solicitudes e información poderán solicitarse nos servizos sociais do concello en horario de nove a dúas, ou poden descargarse completas na páxina web do concello de Tui www.concellotui.org
Sem comentários:
Enviar um comentário