É o único en España que se realiza en circuíto urbano.
Un total de 169 persoas van participar este sábado no VI Cuadriatlón Cidade de Tui que se vai disputar na cidade. Esta proba, única en Galicia das súas características, é a única en España que transcorre por un circuíto urbano o que a fai moito máis atractiva. A saída e a liña de boxes estará instalada no Paseo Fluvial, á carón do Club Náutico San Telmo, mentres que este ano a meta situarase no céntrico Paseo da Corredoira.
Sem comentários:
Enviar um comentário