O Parque do Laxal en Rebordáns acolle mañá martes, 28 de xullo, ás 21h a X Noite Internacional do Miño. É unha co folclore protagonizado este ano polos bailes e música de Europa do Leste e de México que organiza a Escola de Música e Baile “San Fins” de Rebordáns.
Esta cita, xa consolidada, foi presentada esta mañá na Casa do Concello de Tui onde Roberto Rocha e Félix González, membros da organización, deron conta dos pormenores deste Festival respaldados polo Alcalde, Antonio Fernández Rocha, e polo Concelleiro de Cultura.
A décima edición da Noite Internacional do Miño presentará este ano por unha parte o folclore de Europa do Leste representado polos grupos Folklore Ensemble Rosénka da República Checa, National Ensemble “Georgian Folklore” de Xeorxia, Ballet Folclórico da Universidade de Colima de México, e o Folk Group Salduve de Lituania.
Así por una parte os grupos da Europa do Lesto presentarán un folclore moi rico na parte musical con instrumentos nada habituais coma o clavicornio que empregará o grupo checo, e con traxes moi coridos no caso de Lituania e Xeorxia. Mentres o grupo da Universidade de Colima é un dos máis importantes de México onde destaca o acompañamento musical integrado por sete violíns, dous contrabaixos e dúas trompetas, e con traxes cheos de cor, segundo explicou Roberto Rocha.
X Noite Internacional do Miño
Data e hora: Martes, 28 de xullo, ás 11.30h
Lugar: No Parque do Laxal en Rebordáns.
Sem comentários:
Enviar um comentário