O Teatro Municipal de Tui acolle este venres ás 22h a representación de “Quien todo lo quiere” a cargo do Teatro Universitario de Alacante. Trátase dunha comedia divertida, en castelán antigo e verso que está a conquistar ao público. Ao humor que desprende a obra súmase amais o atractivo de ter música en directo e incluso dous números musicais.
Esta representación chega a Tui no marco do proxecto “Las huellas de la Barraca” que está a realizar unha xira por toda España centrada este ano na obra de Lope de Vega co gallo do IV Centenario de “Arte nuevo de hacer comedias en este tiempo” o discurso que le na Academia de Madrid. Amais esta iniciativa, posta en marcha en 2006, rende homenaxe á agrupación de teatro universitario encabezada por Federico García Lorca que na II República percorreu distintos pobos de España.
“Quien todo lo quiere” é unha comedia de enredo en torno aos devaneos amorosos do seu personaxe central Otavia, cuxo corazón parece inclinarse máis por turbios intereses que polos desinteresados sentimentos.
“Las huellas de la Barraca”
Teatro Universitario de Alacante con “Quien todo lo quiere”
Data e hora: Venres, 17 de xullo, ás 22h
Lugar: No Teatro Municipal de Tui
Sem comentários:
Enviar um comentário