A Concellería de Cultura do Concello de Tui ven de editar un folleto de carácter informativo dirixido aos peregrinos que se achegan á cidade polo Camiño Portugués de peregrinación en seis idiomas: galego, castelán, portugués, inglés, francés e alemán. A información que figura nesta publicación é moi sinxela e abrangue: os principais monumentos ou lugares de interese a visitar na cidade, os teléfonos de maior utilidade para os peregrinos (albergue, centro de saúde, etc.) e, finalmente, os teléfonos de contacto nos seguintes albergues emprazados neste Camiño Xacobeo: Porriño, Mos e Redondela.
Sem comentários:
Enviar um comentário