O Parador de Turismo “San Telmo” de Tui promove unha interesante iniciativa que baixo o nome de “Anecdotario tudense” pretende realizar mensualmente, o último domingo de cada mes, unha tertulia arredor de anécdotas da vida da nosa cidade ao longo do tempo; cada mes unha persoa de Tui abrirá a tertulia narrando unha destas anécdotas e abrindo así a quenda para a intervención dos asistentes.
Para abrir esta nova iniciativa do Parador tudense este domingo, 28 de abril, ás 18,00 horas Aberto Estévez Piña realizará un achegamento aos inicios do Parador, como se xestou a súa construción, como foi decidida a súa ubicación, etc. A “pequena” historia deste establecemento turístico cuxa construción foi un fito na vida local.
Sem comentários:
Enviar um comentário