quarta-feira, 31 de março de 2010

II Semana do Teatro Afeccionado de Tui

O Teatro Municipal de Tui acolle do luns 5 ao venres 9 de abril, coincidindo coas Festas de San Telmo a II Semana do Teatro Afeccionado organizada pola Concellería de Cultura de Tui.  A iniciativa que se puxo en marcha o ano pasado contou con gran éxito de público e foi valorada positivamente polas asociacións de tal xeito que o Departamento de Cultura organizou esta segunda edición.

II Semana do Teatro Afeccionado de Tui
Lugar: Teatro Municipal de Tui
Programación:
  • Luns 5 ás 21h
    • Grupo de teatro da Asociación Cultural “San Fins” de Rebordáns con  “O cego de Fornelos”
  • Martes 6 ás 21h
    • Grupo “Caldemiños” da Asociación Cultural “A Insua” de Caldelas con “Os borrachíns”.
  • Mércores 7 ás 21h
    • O grupo de teatro “Atalaia” do Centro Sociocomunitario de Tui con “A Herdanza”.
  • Xoves 8 ás 21h
    • O grupo “Mesturanzas” da Asociación Cultural “Seixos Albos” de Areas con “As fillas do taberneiro”.
  • Venres 9 ás 21h
    • O grupo de teatro do Centro San Xerome coa obra “Son nú” que inclúe e a actuación do grupo Xerock.
Entradas: 1€ - á venda dende ás 19.30h 

Sem comentários:

Enviar um comentário