segunda-feira, 22 de março de 2010

O TUDENSE XOSÉ ARESES VIDAL PREGOEIRO DAS FESTAS DE SAN TELMO 2010

O Concello de Tui vén de designar como pregoeiro das Festas de San Telmo 2010 ao tudense Xosé Areses Vidal, que ven desempeñando importantes cargos na Administración do Estado en Madrid maila a súa xuventude. O seu gran cariño pola súa cidade natal, e, especialmente, polo seu santo patrón, Frei Pedro González Telmo, e a súa importante traxectoria na administración pública xustifican abondosamente o seu nomeamento.
Xose Areses Vidal, naceu en Tui hai 35 años, definíndose el mesmo coma  “lector impenitente, conversador  e alhoyista”. Licenciado en Dereito, Máster en “Gestión y Análisis de Políticas Públicas” pola Universidade Carlos III de Madrid, ten cursado estudios en el IESE (Curso de liderazgo para directivos públicos) e no European Institute of Public Administration (Holanda).

Sem comentários:

Enviar um comentário