Correrá a cargo de Esther Ordóñez, veterinaria e presidenta do Consello Regulador do mel de Galicia.
Este venres, 4 de maio, ás 19.30h terá lugar na Sala Félix Rodríguez, unha charla titulada “A avespa asiática. Incidencia e control a través do trampeo”. Está organizada pola Concellería de Medio Ambiente do Concello e a Agrupación Apícola de Galicia. Correrá a cargo de Esther Ordóñez, veterinaria e presidenta do Consello Regulador do mel de Galicia.
O concelleiro de Medio Ambiente, Eduardo Freiría, explica que na charla incidirase na importancia do trampeo como medida preventiva e de control da avespa asiática, xa que este insecto, desde a súa chegada a Europa supuxo un grande problema medioambiental con graves repercusións na fauna autóctona, na seguridade cidadá e na economía. É por iso que a través desta charla, incide o edil “tratarase de divulgar os diferentes xeitos de trampeo que calquera persoa pode realizar no ámbito doméstico de xeito sinxelo e económico”.
Sem comentários:
Enviar um comentário