O VENRES CONFERENCIA DA INVESTIGADORA TUDENSE PAULA SANCHEZ DIZ SOBRE “CSI GALICIA?: A INVESTIGACIÓN XENÉTICA E FORENSE DO INSTITUTO DE MEDICINA LEGAL DA UNVERSIDADE DE SANTIAGO”
O vindeiro venres 18 de maio de 2008 a Sala da Fundación “Felix Rodríguez” (no edifico Área Panorámica – entrada polo aparcadoiro municipal) acolle una conferencia divulgativa da investigadora tudense Paula Sánchez Díz co atractivo título de “CSI Galicia?, A investigación xenética e forense do Instituto de Medicina Legal da Universidade de Santiago de Compostela”.
O obxectivo desta conferencia é a divulgación do traballo que realiza este Instituto, froito dun convenio entre a Universidade de Santiago e a Xunta de Galicia, que na súa condición de departamento universitario dedícase a formación e a investigación en varios campos entre eles a xenética, os temas forenses, etc.
A famosa serie de televisión ten posto en coñecemento do gran público o labor que desenvolven os institutos de investigación que traballan con temas de ADN, xenética, etc. e que, entre outros aspectos, coas suas investigacións colaboran en identificacións, temas forenses, crimes, agresións, etc. Un traballo que en moitos casos supera a propia ficción televisiva.
Este Instituto de Medicina Legal da Universidade de Santiago de Compostela,, que dirixe o profesor Angel Carracedo, ten sona mundial e ocupa posicións punteiras neste ámbito de investigación. Cómpre lembrar que este centro ten participado en casos “famosos” como o das nenas de Alcasser, o atentado do 11 M ou recentemente na filiación de “Enmanuel” o fillo de Clara Rojas, liberada polas FARC colombianas o pasado xaneiro...
Paula Sánchez Diz é unha das investigadoras deste Instituto e pretende con esta charla poñer en coñecemento do gran público o extraordinario traballo que desenvolve este Instituto galego que a pesar do recoñecemento mundial do que goza resulta completamente descoñecido para o público xeral.
Paula Sánchez Díz, natural de Tui, é Doutora en Bioloxía pola Universidade de Compostela. Posue xa unha amplia relación de artigos e publicacións de caracter científico en revistas de España e do extranxeiro, ponente en numerosos congresos e reunións de investigadores e ten participado en varios proxectos de investigación, de caracter internacional, financiados pola Unión Europea e outras entidades públicas.
A Concelleria de Cultura do Concello de Tui, que dirixe Moisés Rodríguez Pérez, ten acollido con interese este iniciativa de Paula Sánchez Diz e congratúlase do seu desexo de expoñer na súa cidade o labor que desenvolve neste centro de inestigación. Moisés Rodríguez anuncia que é pretensión da concelleria de cultura de Tui continuar realizando este tipo de charlas que amosen o traballo que xentes de Tui relizan en diversos campos da investigación, a cultura, etc.
Sem comentários:
Enviar um comentário