terça-feira, 29 de abril de 2008

Tui HOXE MESA REDONDA SOBRE “XOSÉ MARÍA ÁLVAREZ BLÁZQUEZ E A LITERATURA”

HOXE MESA REDONDA SOBRE “XOSÉ MARÍA ÁLVAREZ BLÁZQUEZ E A LITERATURA”
Contará coa participación de Xosé María Álvarez Cáccamo, Darío Xohán Cabana e Xavier Rodríguez Baixeras
Hoxe martes, 29 de abril, dentro da programación de actividades organizadas pola Concellería de Cultura do Concello de Tui para a celebración do “Ano Xosé María Álvarez Blázquez” haberá unha mesa redonda que debatera a relación do autor tudense coa literatura tanto dende o punto de vista de creador como dende a súa labor coma editor e estudoso da historia literaria de Galicia.
Esta mesa redonda sobre “Xosé María Álvarez Blázquez e a literatura” contará coas intervencións de Xosé María Álvarez Cáccamo, Darío Xohán Cabana e Xavier Rodríguez Baixeras. Dará comezo ás 20,00 horas no salón de actos do Museo Municipal, no antigo convento de San Domingos.

Sem comentários:

Enviar um comentário