sexta-feira, 15 de maio de 2009

Berrobambán Teatro con “Boas noites”

Logo de máis de 40 funcións por toda a Península, a montaxe baseada no texto co que Paula Carballeira gañou o I Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil chega ao Teatro Municipal de Tui. Trátase de “Boas Noites”, unha obra infantil que leva a escena Berrobambán Teatro.
As entradas para este espectáculo están xa á venda en www.culturatui.info. Pódense mercar tamén no despacho de billetes da Área Panorámica o venres dende ás 18.30h. O prezo xeral é de 3€, 2€ con desconto e 2€ para os menores de 12 anos.
Data e hora: Venres 15 ás 20h
Lugar: Teatro Municipal de Tui
Venda de entradas:
- En www.culturatui.info
- No despacho de billetes da Área Panorámica o venres dende ás 18.30h.
- Prezos: 3€ - 2€ con desconto – 2€ menores de 12 anos

Sem comentários:

Enviar um comentário