O Paseo da Corredoira acollerá este domingo a XII Feira do Libro Galego organizada pola Concellería de Cultura de Tui coa colaboración das librarías Byblos, Iris e Valverde, co gallo do Día das Letras Galegas
A inauguración terá lugar ás 12 do mediodía a cargo do escritor tudense Fernando Álvarez autor das novelas “El glorioso bálano de Randufe” e “Asesinato de una mariposa”. Haberá 24 postos de exposición e venda de libros galegos a cargo das librarías colaboradoras, no que terán presenza destacada os escritos por Ramón Piñeiro, a quen este ano se lle dedica o 17 de maio.
- Domingo 17 de maio – Día das Letras Galegas
- No Paseo da Corredoira
- 24 postos de exposición e venda de libros galegos das librarías Iris, Byblos e Valverde
Programación
* Ás 12 inauguración a cargo de Fernando Álvarez, autor de “El glorioso bálano de Randufe” e “Asesinato de una mariposa”
* Ás 12:15h recital de poesía a cargo de poetas tudense
* Ás 12:30h actuación do grupo folclórico San Fins de Rebordáns
* Ás 18:00h actuación do grupo folclórico Seixos Albos de Areas
* De 18 a 20h Xogos populares para nenos con Troula Animación
* Ás 20h Actuación de “Codia e Miolo” contos tradicionais para nenos
Sem comentários:
Enviar um comentário