Celébrase o domingo, 4 de abril, ás 18h no Teatro Municipal. Sete asociacións culturais tudense participan no Festival Folclórico Festas de San Telmo
A Concellería de Cultura de Tui organiza o Festival Folclórico Festas de San Telmo que se vai celebrar este domingo, a partir das 18h, no Teatro Municipal. Sairán en desfile ás 17.30h dende a Praza de San Fernando.
Con esta actividade Cultura fai unha clara aposta polas agrupación locais brindando así unha boa mostra do noso folclore e cultura tradicional, segundo explica o responsable deste departamento, Moisés Rodríguez.
Participarán neste Festival os grupos folclóricos das Asociacións Culturais de Randufe, Paramos, Ribadelouro, Pexegueiro, Pazos de Reis, Areas e Rebordáns. Cada unha delas actuará dez minutos ofrecendo unha pequena mostra do seu repertorio para conformar así un espectáculo variado de danzas e cantos tradicionais.
A entrada o festival é libre.
Festival Folclórico Festas de San Telmo
Lugar: Teatro Municipal de Tui
Data: Domingo 4 de abril ás 18h
Entrada libre
Sem comentários:
Enviar um comentário