Hoxe comezaron a traballar no Concello de Tui dúas novas persoas, que se incorporan a dous servizos municipais reforzando así o persoal con que contan estas áreas.
Por unha banda o Concello de Tui contratou unha técnica en Turismo grazas a unha achega da Axencia de Turismo de Galicia. Desenvolverá o seu labor na Oficina Municipal de Turismo, na Praza de San Fernando, ata o 30 de setembro. A incorporación desta persoa permitirá dende hoxe ampliar o horario desta oficina que pasará abrir de xeito ininterrompido de 10 a 20h de luns a domingo.
Por outra parte hoxe se incorporou tamén ao seu posto de traballo unha nova traballadora social que pasa a reforzar así a atención nos Servizos Sociais do Concello de Tui.
Sem comentários:
Enviar um comentário