segunda-feira, 9 de outubro de 2017

A colocación de carteis, anuncios e outros elementos fóra dos lugares establecidos será sancionada con multas de entre 200 e 800€

Así o recolle a ordenanza municipal de Ornato e Limpeza Viaria
A colocación de carteis, bandeirolas, rótulos, adhesivos ou outros elementos publicitarios en mobiliario urbano, nos parabrisas ou outros puntos de coches e en calquera outro punto fóra dos lugares establecidos está prohibido tal e coma recolle a Ordenanza Reguladora de Ornato e Limpeza Viaria.   A colocación de carteis fóra dos lugares permitidos está considerado coma infracción leve, e o pegado de elementos publicitarios no mobiliario urbano coma infracción moi grave, polo que estes feitos poderán ser sancionados con multas que oscilan entre os 200€ e os 800€ coma sinala a ordenanza municipal.
A sanción recaerá sobre a empresa ou particular que se publicite ou apareza no citado anuncio. Dende o Concello de Tui realizase este recordatorio ante a aparición nos últimos días de gran número de carteis en mobiliario urbano, algo que está prohibido e poderá ser sancionado de acordo a esta ordenanza. Coa mesma búscase manter Tui limpo e en condicións de ornato, algo para o que é imprescindible a colaboración cidadá. 

Sem comentários:

Enviar um comentário