quinta-feira, 19 de outubro de 2017

Artesacía estreará o seu espectáculo “Chola a it girl” no Teatro Municipal de Tui

A Compañía Artesacía  presenta “Chola a it girl”, espectáculo que se estrea o vindeiro 20 de outubro no Teatro Municipal como parte da programación de Outono no Teatro.
Laura Villaverde é o 50% de ArtesaCía e a autora, directora e intérprete dun espectáculo que se presenta arroupado por un blog, unha canle de Youtube e incluso unha liña de moda. O outro 50% represéntao Roi Fernández, responsable da parte audiovisual do proxecto.
Na presentación desta mañá Laura Villaverde introduciu “Chola a it girl” como parte do proxecto cultural “Chola e Lola”. Neste espectáculo teatral a protagonista explica o xeito de converterse nunha “It girl rectificada” en 10 sinxelos pasos coa finalidade de darlle repercusión ás vidas imperfectas das mulleres do rural.

Sem comentários:

Enviar um comentário