O alcalde de Tui acudirá a esta cita internacional para buscar solucións tecnolóxicas en diversos ámbitos para lograr que Tui sexa unha Smart City
Unha delegación da Eurocidade Tui-Valença acudirá a próxima semana, martes e mércores, ao Mobile World Congress de Barcelona, tras a invitación recibida por parte de Nec Japan. O alcalde e responsable de novas tecnoloxías Carlos Vázquez Padín, viaxará a Barcelona xunto a un técnico da Cámara de Valença. O obxectivo da súa presenza nesta destacada cita é procurar novas tecnoloxías e atopar como reaproveitar as xa existentes no concello co obxectivo de reducir custes e mellorar os servizos públicos que se ofrecen aos tudenses facendo partícipes aos cidadáns.
O rexedor tudense considera que o concello non pode quedar ao marxe da transformación dixital da sociedade para “non crear unha fenda dixital cos tudenses e visitantes globais”. Por iso nesta visita buscará solucións tecnolóxicas sostibles a longo prazo que, mediante xustificación de aforros de cartos públicos, inicien o camiño cara un Tui do século XXI. En concreto estudará as solucións tecnolóxicas de Plataforma BigData para Cidades Intelixentes, de Xestión Intelixente de Residuos Urbanos, de Seguridade, de Iluminación Intelixente, Administración electrónica, Turismo Intelixente e Calidade Medioambiental para acadar que Tui forme parte da nova era Smart City.
Sem comentários:
Enviar um comentário