Así llo informou hoxe aos veciños na reunión quincenal celebrada no Centro Cultural de Guillarei
O alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, reunirase o próximo xoves, 5 de xullo, co delegado do goberno en Galicia, Javier Losada, para concretar distintas cuestións vinculadas á solicitude de declaración de zona gravemente afectada por unha emerxencia de protección civil. Así o informou esta mañá o rexedor tudense aos veciños na reunión que mantivo con eles no Centro Cultural de Guillarei, xunto co xerente urbanístico, Rubén Vázquez, e a traballadora social, Carmen González, co obxectivo de dar conta do traballo que está a realizar o Concello e dos asuntos que está a tramitar con outras administración.
Nesta reunión tamén expuxo o acordo tomado no pleno do pasado xoves de habilitar 505 mil euros con cargo ao remanente de tesourería para a catástrofe de Paramos, en concreto para o desamiantado, o proxecto de xestión de residuos e a contratación de persoal para a atención dos afectados. Por outra parte deu conta de que dende o concello estudarán cos técnicos o encaixe xurídico para que as memorias valoradas das vivendas da zona cero sexan asumidas polo propio concello e que as axudas municipais poidan incluír tamén a reparación dos vehículos danados na explosión.
Sem comentários:
Enviar um comentário