Terá carácter popular cun percorrido de case mil metros entre o Cais de Valença e a praia da Mariña en Tui
O sábado, 4 de agosto celebrarase a VIII Travesía a Nado da Eurocidade Tui-Valença. Unha proba que este ano terá carácter popular cunha distancia de case 1000 metros entre o Cais de Valença e a praia da Mariña en Tui. A saída será ás 11 hora española coincidindo coa pleamar.
A inscrición, de balde, está aberta ata o propio 4 de agosto ás 10 hora española a través da web acuaticasminho.com Agárdase unha participación cercana ao centenar de nadadores e nadadoras, xa que ate hoxe hai xa preto de cincuenta inscritos. Todos eles serán agasallos cunha camiseta conmemorativa. Para participar é obrigatorio o uso de gorro de natación, e está permitido o uso de aletas e neopreno.
A organización corresponde á Eurocidade Tui-Valença xunto a Actividades Actuáticas Minho SLU, coa colaboración do club Natación Baixo Miño, os Bombeiros Voluntarios de Valença e Actividades Aquáticas Alto Minho.
Sem comentários:
Enviar um comentário