Serán este domingo, luns e martes ás 20.30h cada día nun idioma: galego, castelán e inglés
“Coñece Tui co seu alcalde” é o título das tres visitas guiadas ao conxunto histórico de Tui que se van celebrar este domingo 12 de agosto, o luns 13 e o martes 14 guiadas polo alcalde e responsable de Turismo, Carlos Vázquez Padín.
Trátase dun percorrido dunha hora aproximadamente que partirá ás 20.30h dende a Praza da Inmaculada. O domingo realizarase en galego, o luns en castelán e o martes en inglés. O alcalde conducirá aos asistentes polas rúas da cidade histórica.
Sem comentários:
Enviar um comentário