Os participantes da segunda xornada das visitas "Tralas pegadas do tempo" puideron comprobar como a tecnoloxía mellorou as condicións de vida a través da caza e para iso experimentaron as diferenzas empregando a lanza con e sen propulsor.
Despois iniciouse a ruta. Primeiro nos petróglifos da Macoca e Camiño do Raposo onde ademáis de explicarse o contexto histórico da idade do bronce, os visitantes puideron observar de primeira man cales son as principais ameazas ás que se enfrontan os petróglifos.
Posteriormente subiuse ata o Alto dos Cubos onde se tivo a oportunidade de coñecer as estructuras castrexas e modo de vida da sociedade da idade do ferro.
Sem comentários:
Enviar um comentário