sexta-feira, 31 de agosto de 2018

Programación do Festival Arraianos 2018

Xa podemos compartir convosco a programación do Festival Arraianos 2018!  
¡Os presentamos la programación del Festival Arraianos 2018!
Este ano, teremos de novo algunhas das actividades que máis vos gustan, como por exemplo a carreira de kaiaks ‘A Conquista do Miño’, as visitas teatralizadas, as conferencias ou o Survival Zombie. Ademais, nesta edición, incorporamos novamente a celebración dunha voda medieval e ofertamos tamén un novo concepto de ‘Ceas de Taberna’.
Non vos perdades ningunha e compartide para que todo o mundo se decate!
Moitas gracias a todos!
Este año, tendremos de nuevo algunas de las actividades que más os gustan, como por ejemplo la carrera de kayaks ‘A Conquista do Miño’, las visitas teatralizadas por el casco viejo de Tui, las conferencias o el ya famoso Survival Zombie. Además, en esta edición, contaremos de nuevo con la celebración de una boda medieval y también ofrecemos un nuevo concepto de ‘Ceas de Taberna’.
¡Os recomendamos que no os perdáis ninguna y que compartáis esta información para que todo el mundo se entere y podamos ser muchísimos los que disfrutemos este año del Festival Arraianos!
MEDIEVAL ZOMBIE
O Festival Arraianos creou unha rede de actividades xa sexan lúdicas, didácticas, deportivas ou gastronómicas. Alguhas conseguen combinarse para dar lugar a algo todavía mais singular.
É o caso da experiencia Zombie Medieval, que sen dúbida é unha das actividades que máis xente atrae a noite do sábado. Organizada pola WRG, o survival consiste nunha gymkana que reproduce unha apocalipse zombie no Tui medieval. Recréase a historia da Inquisición mentras cobran vida lendas que quizais tiñamos esquecidas. Adéntrate neste xogo de rol activo e tenta sobrevivir á esta longa noite.
VISITAS TEATRALIZADAS
Arraianos é un festival adicado á revalorizar o patrimonio e a historia de Tui, polo que existen actividades didácticas de diverso tipo, pero todas elas cun elevado valor educacional. 
As visitas teatralizadas desarrolan unha función moi importante neste apartado pedagóxico. Vos amosarán Tui dende unha perspectiva moi animada, onde variopintas persoaxes levaranvos a outra época e interactuarán con vós para que descubrades a  importancia, case descoñecida para moitos, da nosa cidade
RUTA DOS PETISCOS MEDIEVAIS
Cando no Festival Arraianos combinamos historia e gastronomía creamos a nosa propia ruta do petisco, unha das rutas gastronómicas máis chamativas de Tui. Algúns dos establecementos da localidade crearán un petisco típico medieval, co cal tentarán conquistar os vosos paladares para gañar o trofeo anual. Os ingredientes, o sabor, a presentación e a historia que aporten sobre o aperitivo serán os catro valores que tedes que ter en conta para votar ó mellor petisco medieval. Só vos poderedes facer que algún deles sexa o gañador.
A CONQUISTA DO MIÑO
Non hai que esquecer que Tui non só conta cun rico patrimonio cultural e artístico, se non que temos á vosa disposición un patrimonio natural inmellorable. O noso traballo é amosalo, e grazas á Conquista do Miño, poderedes desfrutar da maxestuosidade do noso río. 
Esta actividade deportiva consiste nunha carreira en kaiaks na que os participantes terán que facer un breve pero intenso traxecto. Deberán presentarse caracterizados de personaxes históricos reais ou ficticios sempre que estean baseados na época medieval. Sabemos que a vosa imaxinación non ten límite.
CEAS DE TABERNA
As “Ceas de Taberna” do Festival Arraianos combinan receitas da época Medieval, dende os seus inicios, con propostas gatronómicas das Recetas de Poniente. O que pretendemos é crear menús diferentes, deseñados para aqueles que queiran desfrutar de receitas medievais de sempre pero tamén para ós que lles guste a diversidade da gastronomía das Recetas de Poniente. Menús pensados tanto para os afeccionados á lectura fantástica como para os máis tradicionais, acompañados sempre de espectáculos e animación privados.
MERCADO ARRAIANOS
O mercado medieval é un imprescindible do Festival Arraianos. Este mercado aproveita as rúas vellas de Tui para distribuirse ó longo delas, acadando así, un auténtico ambiente de recreación.
Ademais, contamos cun amplo número de artesáns que ofrecen diferentes produtos, dende gastronómicos ata pezas de xoiaría, pasando por tecidos, cerámica, madeira, etc.
Pasarúas a cargo de pintorescos grupos de animación e actividades para os mais cativos, conseguen converter as rúas de Tui nun lugar máxico.
CONFERENCIAS
A conferencia é outra das actividades que desenvolven esa parte didáctica e de valor pedagóxico por antonomasia dentro do festival Arraianos.  Esta actividade varía de época cada ano, para que poidades coñecer a nosa cidade dende os seus inicios ata agora. 
As conferencias crean a parte máis formativa do Festival. Dende o primeiro ano, contamos coa colaboración da Universidade de Santiago de Compostela. A doutora Marta Cendón, profesora de Historia da Arte de dita universidade, acompáñanos dende os nosos inicios como conferenciante principal. 
Contamos con outros invitados nas nosas filas, como foi Juan M. Monterroso, tamén profesor de Historia da Arte da USC ou o tudense Suso Vila.
VODA MEDIEVAL
Na edición do 2016 contamos co casamento medieval dunha parella que confiou en nós para organizar a súa voda. O xa matrimonio onubense celebrou a súa festa desta meneira tan orixinal xunto coa súa familia e amigos desfrutando dunha das ceremonias máis bonitas vividas nas escadas da impoñente catedral de Tui. 
Esta exclusiva actividade está a disposición de toda aquela parella que queira recrear a súa celebración de maneira medieval. 
CARACTERIZACIÓN MEDIEVAL TUDENSE
Dende que comezou o Festival, tentamos involucrar tanto á cidadanía tudense coma ás empresas locais.
Un exemplo é este concurso de Caracterización Medieval no que os locais Tudenses participan dentro do Festival Arraianos facendo un despliegue de orixinalidade na sua vestimenta ou na adaptación do seu local.
O Trofeo de Caracterización será exposto con orgullo polo local gañador o resto do ano.



Sem comentários:

Enviar um comentário