ESTANSE A RENOVAR OS COLECTORES EXISTENTES E A COLOCAR NOVAS UNIDADES
Nunha aposta pola reciclaxe e a recollida selectiva o Concello de Tui, a través da concellería de Medio Ambiente, vén de ampliar a recollida de aceite de cociña usado tanto no centro urbano coma parroquias tudenses cun total de 27 colectores a dispor da poboación.
Estes días están a ser renovados os 13 colectores para a recollida deste produto que existían no centro urbano, e están a colocados novos contedores nas distintas parroquias, nun proceso que se prolongará até o mes de marzo. Conta xa co servizo Areas, Randufe, San Bartolomeu de Rebordáns, e Caldelas.
Sem comentários:
Enviar um comentário