quarta-feira, 31 de dezembro de 2008

A BIBLIOTECA MUNICIPAL CONTINUA O VENRES 2 DE XANEIRO AS ACTIVIDADES DE NADAL COA PROXECCIÓN DUNHA NOVA PELÍCULA.

A Biblioteca Pública Municipal tudense realiza ao longo destas festas de Nadal diversas proxeccións destinadas aos seus usuarios máis novos, promovendo un achegamento dos rapaces aos soportes audiovisuais.

Así o vindeiro venres 2 de xaneiro ás 17,00 horas se realizará a proxección da película de animación “Gisaku”. É o primeiro filme manga español e conta o periplo de Yohei, un samurai, encargado de velar a porta que separa o ben do mal e que permanece durmido ata o 2006. Será entón cando se sucedan unha serie de aventuras que o levarán, entre outros lugares, ata Santiago. É una película de animación da factoría compostelá Filmax.

Argumento: Gorkan, Amo da Escuridade, quere invadir o mundo coas súas hordas demoníacas. A el enfrontarase o peculiar grupo formado por Yohei, Riki, Gisaku, Linceto e Moira.

Sem comentários:

Enviar um comentário