A Sala Municipal de Exposicións do Concello de Tui acolle dende a pasada semana unha exposición de pintura da artista tudense Inés Palomanes. Máis de corenta óleos realizan un percorrido pola traxectoria pictórica desta autodidacta amosando as diversas temáticas que aborda na súa produción: paisaxe, mariñas, bodegóns... que xunto a imaxes da cidade conforman esta exposición.
Esta exposición pecha o ano nesta Sala Municipal de Exposicións do Concello de Tui, que ten acollido ao longo do ano 2008 máis dunha ducia de mostras de diversa temática. Neste caso estamos diante dunha exposición dunha artista tudense, un dos eixos básicos no funcionamento deste Sala Municipal.
Para o concelleiro de cultura tudense, Moisés Rodríguez Pérez, con esta exposición a Concellería de Cultura da cumprimento a un dos seus principais obxectivos: a promoción dos artistas da cidade, tanto profesionais como afeccionados, posibilitando que os veciños de Tui poidan achegarse ao disfrute das súas obras.
Esta exposición estará aberta ata o vindeiro 30 de decembro de 2008.
Sem comentários:
Enviar um comentário