quinta-feira, 11 de dezembro de 2008

Tui acolle un partido de lendas do Baloncesto


Será o 20 de decembro con xogadores do Real Madrid coma Barbender ou Corbalán, cos veteranos do CB Tui e do Gestibérica Vigo

O novo pavillón de deportes de Tui vai acoller o sábado, 20 de decembro, ás 19.30h, un Partido de Lendas do Baloncesto. Será un triangular no que se enfronten os veteranos do Real Madrid, o C.B. Tui e o Gestibérica Vigo.

Sobre a pista poderanse ver a grandes figuras do baloncesto como Juan Corbalán, José Biriukov, os irmáns Jose Luis e Toñin Llorente, Jose Manuel Beirán, Enrique Villalobos, Brabender, Antúnez, García Coll e Pep Cargol entre outros.

Este evento deportivo está organizado polo C.B. Tui co obxectivo de recadar fondos para a Escola de Baloncesto de Tui, ao tempo que busca promocionar o baloncesto e render unha homenaxe a todos estes xogadores veteranos.

As entradas están xa a venda en distintos establecementos de Tui, ou o mesmo sábado poderanse adquirir no despacho de billetes do pavillón, ao prezo de 9€, e 5€ para os menores de 16 anos.

Na organización deste evento o C.B. Tui conta coa colaboración do Concello de Tui, a Radio Municipal de Tui e o apoio dos seus patrocinadores.

Sem comentários:

Enviar um comentário