Ao longo dos meses de abril e maio a Biblioteca Municipal de Tui desenvolve o “Mes do libros”, que se desenvolve en colaboración co programa “Letras Vivas” da Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia.
O programa comeza mañá 2 de abril, día internacional do libro infantil e xuventil –en lembranza da data de nacemento de Hans Cristian Andersen- cunha actividade dirixida aos activos a cargo de Tusitala contacontos, denominada “Os contos da Vía Láctea”. Este espectáculo será ás 18,00 horas.
Entre os obxectivos que se marca a Concellería para este centro bibliotecario está o incremento de usuarios e especialmente do préstamo de libros.
Para acadar o primeiro obxectivo na programación presentada hoxe abordase por vez primeira actividades para adultos e para mozos. Así o 22 de abril haberá unha sesión de contacontos para adultos a cargo da actriz Charo Pita, titulada “Mulleres de palabra”. En canto aos mozos a principios de maio será creada unha pequena sección de comics na Biblioteca e para lanzar esta sección haberá unha actividade denominada “Obradoiro Express de banda deseñada” a cargo do ilustrador Gochi o vindeiro 8 de maio.
Igualmente seguiras as actividades de animación á lectura dirixidas aos nenos e nenas:
23 de abril, día do libro, lectura de capítulos do Quijote por xentes da vida social tudense
24 de abril, Ulalume contacontos co espectáculo “O libro dos libros”
14 de maio: Pavís Pavós, co seu contacontos “Había unha vez…”
Por outra banda, a Biblioteca prepara para o mes de maio unha exposición que baixo o nome de “Tui escrébese en versos” amosará unha escolma de poemas dedicado a Tui por diversos autores en lengua galega e castelán que iran acompañadas por imaxes da nosa cidade.
En relación ao seguno obxectivo, incrementar o número de prestámos, o Concello en colaboración coa Consellería de Cultura e Deporte e o Ministerio de Cultura, está facendo un esforzo para mellorar e actualizar os fondos bibliográficos. Así no primeiro trimestre de 2009 foron incorprados 580 novos titulos (418 para adultos e 162 para nenos) superando a colección da biblioteca os 27.000 rexistros. E así nestres tres primeiros meses do ano foron emprestados un total de 1.153 libros (563 de adultos e 590 infantís) que resultan escasos para o fondo que posue a Biblioteca Municipal. Sinalou tamén o concelleiro como a Biblioteca ten 904 persoas inscritas no servizo de acceso a Internet, delas 93 inscritas neste primeiro trimestre. Neste sentido lembrou que o catálogo da Biblioteca está accesible en Internet na páxina da Rede de Bibliotecas de Galicia (www.rebgalicia.org) e agardamos que axiña a Biblioteca posua súa propia paxina web.
Sem comentários:
Enviar um comentário