Este próximo domingo,12 de abril, celébrase en Tui a Festa do Meixón organizada por un grupo de veciños de Randufe. A festa volve así a súa data inicial de celebración coma é o Domingo de Pascua.
No Restaurante Cruceiro do Monte tivo lugar a presentación oficial do Festexo, onde amais d os membros da Comisión estiveron presentes o Alcalde de Tui, Antonio Fernández Rocha, e o Concelleiro Antonio Castro. A ocasión aproveitouse amais para degustar o meixón que será servido o domingo, que presentaba unha alta calidade. Será subministrado por Comercial Ibait de Guipúscoa.
Poranse á venda 1.500 racións de meixón, integradas por meixón en cazola de barro, pan e viño que pode Señorío de Rubiós, un monovarietal Albariño, ou Terra de Xuliana, Sousón, un retinto.
A festa vaise celebrar na rúa Compostela onde o Concello instalará unha carpa,as cociñas e as mesas, aportando así o seu gran de area a este evento organizado polos veciños de Randufe. Os cociñeiros dos distintos restaurantes de Tui serán os encargados de preparar o meixón que se servirán con pan e viño a un prezo de 40 euros a tapa. As invitacións pódense adquirir xa no Restaurante Cruceiro do Monte, no Bar Bobby, na Jamoneta, e no Bar o Pilar. Establécese amais a posibilidade de mercar, a parte do viño que xa ven incluído na ración, unha botella de viño ao prezo de 7€.
Na organización deste evento a Comisión de Festas, amais da colaboración do Concello ten tamén a colaboración da Deputación, o Haley, Frutas Hermanos Álvarez, Panadería A Lagoa e Orange.
Sem comentários:
Enviar um comentário