terça-feira, 7 de abril de 2009

XORNADAS CONMEMORATIVAS DO BICENTENARIO DA GUERRA DE INDEPENDENCIA EN TUI

CONCELLO DE TUI CELEBRA UNHAS XORNADAS CONMEMORATIVAS DO BICENTENARIO DA GUERRA DE INDEPENDENCIA EN TUI OS DÍAS 13 E 14 DE ABRIL

A Concellería de Cultura do Concello de Tui organiza para os vindeiros días 13 e 14 de abril unhas xornadas conmemorativas do bicentenario da Guerra da Independencia na nosa localidade co obxectivo de ofrecer aos veciños e interesados un achegamento a este momento histórico da nosa cidade.
Os franceses chegaron á cidade de Tui o 3 de febreiro e abandonaron a nosa localidade o 16 de abril, logo de tres meses e medio de ocupación, tempo durante o que os paisanos da bisbarra tudense cercaron á cidade levantándose contra a ocupación napoleónica.
Para afondar no coñecemento deste momento histórico do que agora celebramos o segundo centenario foi programadas unha Xornadas de acordo co seguinte programa:
Luns 13 de abril de 2009
Conferencia de Jose Navas Ramírez-Cruzado, director do Museo Militar de A Coruña: “La Guerra de la independencia en Galicia, operaciones militares”.
Martes 14 de abril de 2009
Mesa redonda sobre “A Guerra da Independencia”
Participantes:
Ernesto Iglesias Almeida, cronista oficial da cidade de Tui
Alberto Magno Pereira de Castro, historiador de Valença do Minho
José María Pélaez Valle, profesor da Universidade de Vigo
Modera: Rafael Sánchez Bargiela, historiador
A coincidencia co calendario das festas de San Telmo ten obrigado ao Concello tudense a adiantar un par de días a celebración destas Xornadas para que non alterasen substancialmente o desenvolvemento das actividades programadas pola Comisión de Festas.
Para o concelleiro de cultura a celebración destas xornadas trata de promover entre os tudenses o coñecemento do noso pasado histórico, nomeadamente os acontecementos vencellados á Guerra da Independencia, na que a nosa cidade como capital provincial tivo un especial protagonismo. Rodríguez Pérez amosase satisfeito do nivel dos participantes nestas Xornadas, especialistas todos neste período histórico.
Estas xornadas terán lugar no Telecentro de Tui, ubicado no primeiro andar do Edificio Área Panorámica, na rúa Colón, nº 2 da nosa cidade.

Sem comentários:

Enviar um comentário