quinta-feira, 16 de abril de 2009

“MINHO AZUL", UN PASSEIO NO CABO FRADERA” DO COMPOSITOR TUDENSE RUDESINDO SOUTELO

O Teatro Municipal de Tui será esceario o vineiro lúns, 20 de abril –festividade de San Telmo- da estrea absoluta da composición para banda sinfónica “Minho azul. Um passeio no Cabo Fradera” que correrá a cargo da Banda de Música da Escola Naval Militar de Marín.  O concerto está programado para ás 18,30 horas.
Para o compositor “esta obra é um passeio pelo Minho azul, elo de união cultural, e tal como na minha infância, apanhei virtualmente o Cabo Fradera, barco patrulheiro ícone do Minho navegável, e devagarinho derivei suave e silenciosamente rio abaixo. De ambos os lados chegavam sons que cuidadosamente fui enfiando no papel pautado, como se fossem missangas dum colar, até as margens confluírem numa percepção "hinótica". O passeio sonoro está dedicado a José Luis García Amador, Comandante Naval do Minho e apreciador de música erudita”.
Trátase dun importante acontecemento cultural ao combinarse a estrea dunha peza musical dun compositor tudense que é un referente da música culta na Península Ibérica co feito de que esta peza musical estea dedicada ao río Miño, simbolizando os vencellos que existen entre as terras de Galicia e Portugal que en Tui atopan un lugar privilegiado de encontro.
Para o concelleiro de cultura tudense, Moisés Rodríguez Pérez, resulta dunha gran satisfación este acontecemento cultural pois xunto á estrea dunha peza musical dedicada a esta terra tudense posibilitará que os veciños de Tui e cantos se acheguen a este concerto da Banda de Música da Escola Naval de Marín poidan coñecer e disfrutar da música deste egrexio compositor tudense que é Rudesindo Soutelo, a quen agradece esta composición e o seu interese no seu estreo na nosa cidade.

Sem comentários:

Enviar um comentário