A Asociación de Empresarios de Tui, EMPRETUI, preséntase o 23 de xulloMartes día 23 de xullo ás 21:30 horas na MacocaInfominho - A Asociación de Empresarios de Tui, EMPRETUI, preséntase o 23 de xullo - INFOMIÑO - Informacion y noticias del Baixo Miño y Alrededores.Martes día 23 de xullo ás 21:30 horas na MacocaEmpretui19/07/2019Fuente: Empretui
A Asociación de Empresarios de Tui, EMPRETUI, anúncialles e convídalles á súa PRESENTACIÓN o Martes día 23 de xullo ás 21:30 horas na Macoca.
Están convocados á mesma o Excelentísimo Alcalde de Tui e o seu equipo de Gobiero, a Cámara de Comercio e o Banco Santander, ademais de estar convidados todos os representantes políticos da oposición, e por suposto todos os empresarios e empresarias do Municipio de Tui.
O acto terá como obxectivo explicar o funcionamento, desenvolvemento e obxectivos da Asociación e presentar aos seus membros, ademais de mostrar publicamente o apoio que reciben das diferentes institucións e empresas.
Ese mesmo día, ao terminar a intervención de todos os convocados, os membros da Xunta directiva procederán a inscribirse como primeiros Socios oficiais da Asociación.
A partir dese momento, calquera empresario/a que o desexe que asistise ao acto poderá darse de alta nese mesmo momento.
A partir do mércores día 24 de xullo empezaremos a visitar a todas as empresas tudenses para explicarlles de primeira man o funcionamento da asociación e cómo poden facerse socios da mesma.
Desde que empezamos coa idea desta nova asociación puxémonos como obxectivo traballar para impulsar a relación e convivencia do comercio local e empresas de toda índole, facendo chegar a súa voz, opinión e necesidades ás institucións locais ou autonómicas que corresponde en cada momento.
Membros:
Como vogais dos distintos sectores contamos con:
Raquel Alonso da empresa Cociñarte (Sector servizo)
Carmen Pereira da empresa Entre Telas (Sector comercio)
Julio Lage da empresa O Pórtico (Sector hostalería)
Manuel Rodríguez da empresa Automatismos Industriais Cerezo (Sector Industria)
Como representantes na dirección contamos con:
Javier Rodríguez da empresa A Macoca como Tesoureiro
Carlos González da empresa Carlos Joyero como Secretario
César Benavides da empresa CBA Multimedia como Vicepresidente
Abel Vila da empresa Amazonas como Presidente
Andrea Costa como portavoz da Asociación
in Infominho
Sem comentários:
Enviar um comentário