O HORARIO DE ATENCIÓN É DE 9 A 14 H OS LUNS, MÉRCORES E VENRES
A Oficina de Atención aos Afectados de Paramos e Guillarei vén de trasladarse á casa do concello de Tui. Pasa a estar situada na ala dereita do primeiro andar do edificio. Dende a súa creación, tras a explosión rexistrada no barrio da Torre en 2018, viña prestando servizo no Centro Municipal de Formación en Guillarei. De agora en diante seguirá atendendo aos afectados os luns, mércores e venres en horario de 9 a 14 h.
Sem comentários:
Enviar um comentário