quinta-feira, 30 de janeiro de 2020

“O Que Arde” de Oliver Laxe abrirá a programación cultural do primeiro semestre en Tui

A PROXECCIÓN SERÁ O VENRES, 7 DE FEBREIRO. A PELÍCULA ACADOU DOUS GOYAS ESTA FIN DE SEMANA
A película “O Que Arde” dirixida por Oliver Laxe e producida por Miraquemira abrirá a programación cultural do primeiro semestre de 2020 no Teatro Municipal de Tui. O filme, que acadou esta fin de semana os Goyas de Mellor actriz revelación, para Benedicta Sánchez, e Mellor dirección de fotografía para Mauro Herce, proxectarase o venres 7 de febreiro, ás 21.30 h.
A programación cultural a desenvolver até o mes de maio recollida nun novo número da Axenda Cultural Corredoira será presentada este venres, 30 de xaneiro, ás 11 h na sala de reunións da casa do concello. O alcalde, Enrique Cabaleiro, e a concelleira de Cultura e Ensino, Sonsoles Vicente, serán os encargados de dar a coñecer os eventos previstos.

Sem comentários:

Enviar um comentário